“SmartPeme” desenvolve este ano novas carteiras de servizos co obxectivo de continuar axudando ás empresas da provincia a ser máis competitivas na contorna económica actual. Cun total de 42 accións formativas que serán impartidas ao longo da provincia de Pontevedra, o programa abre tres novas grandes liñas: o “Centro Provincial de Economía Dixital” (CPED), no viveiro de empresas de Barro, “SmartPeme Impulsa” e “TurisTIC”. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital as empresas, persoas autónomas e emprendedoras da provincia poderán coñecer as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes da economía dixital. Para iso, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación ten instalado no viveiro de Barro, co obxectivo de posicionarse na vangarda da innovación ao servizo das empresas.
“SmartPeme Impulsa” abre novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos, e preparando ás empresas locais para competir nos mercados internacionais.
Finalmente “TurisTIC” erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar o sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital, cun enfoque específico para cada colectivo. Adicionalmente, esta liña de “SmartPeme” contará con algunhas iniciativas innovadoras como serán a creación dunha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico e a creación dun congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.
Pontevedra acollerá 7 accións formativas
A oficina de “SmartPeme” na cidade de Pontevedra, situada no Edificio Administrativo da Deputación, acolle durante o mes de setembro un total de sete accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
As quendas comezan este martes 4 de setembro, “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas”, ás 19:00 horas. Nesta mesma semana, o xoves 6 á mesma hora, será a quenda de “Plan de marketing online para empresas turísticas”. O curso, “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por internet”, impartirase o martes 11 de setembro ás 18:00 horas. A seguinte semana haberá dúas accións, a primeira o martes 18 ás 19:00 horas baixo o nome “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa” e, a seguinte, “Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades” o xoves 20 de setembro á mesma hora. O martes 25, tamén ás 19:00 horas, será a quenda de “Linkedin: a túa rede de networking”. Por último, o xoves 27 de setembro, impartirase “Fotografía básica I: Técnica e cámara”, ás 19:00 horas. A oficina “SmartPeme” de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n.
Un total de 7 obradoiros en Lalín
O Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 acollerá, durante o mes de setembro sete novos obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
A primeira cita do mes na oficina “SmartPeme” de Lalín ten lugar este martes, 4 de setembro, ás 19:00 horas (todas as actividades serán a esta mesma hora) co curso “Crea un plan de marketing para a campaña de Navidade”. Tras este primeiro obradorio, o xoves 6 de setembro, impartirase “Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais”. O martes, 11 de setembro, terá lugar “Crea unha páxina profesional con WordPress”. O xoves desa mesma semana, celebrarase o curso “Facebook para promocionar o teu negocio turístico”. Seguindo cos cursos do mes de setembro, o martes 18 terá lugar “Mellora a túa presencia online promocionando o teu blog”. O xoves 20 de setembro celebrarase o curso “Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio” e, por último, o mércores 26 de setembro, esta vez no viveiro de empresas de A Estrada, impartirase o obradoiro “Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións”. A oficina “SmartPeme” de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
Capacitación tecnolóxica no Salnés con 7 formacións
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante todo o mes de setembro sete novos obradoiros ao abeiro de “SmartPeme”, o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. O punto do Centro ExpoSalnés presta asistencia nas comarcas do Salnés e Caldas.
As quendas comezan este martes 4 de setembro ás 19:00 horas, “Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio”. O xoves 6, á mesma hora, “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa”. O martes 11 de setembro, ás 18:00 horas, levarase a cabo “Mellora a túa páxina web e posicionala en buscadores”. O martes 18, ás 19:00 horas, será a quenda de “Fotografía básica I: Técnica e cámara”. O xoves desa mesma semana, á mesma hora, chega “Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog”. A quenda do obradoiro “Facebook para promocionar o teu negocio turístico” chega o martes 25 de setembro, tamén ás 19:00 horas. Por último, “Crea un plan de marketing para a campaña de Navidade” chegará o xoves 27, á hora habitual, as 19:00 horas. A oficina “SmartPeme” de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.
21 accións formativas na comarca de Vigo
As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de setembro un total de 21 accións formativas (sete en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
Na oficina de Vigo os cursos comezan este martes, 4 de setembro, ás 19:00 horas con “Linkedin: a túa rede de networking”. A seguinte acción será “Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais”, o xoves 6 á mesma hora. O curso “Crea unha páxina profesional con WordPress” chegará a Vigo o martes 11 ás 18:00 horas. O seguinte martes 18 de setembro, ás 19:00 horas, impartirase “Plan de marketing online para empresas turísticas”. O xoves 20 de setembro será a quenda de “Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio”, ás 19 h. O seguinte martes, 25 de setembro, á mesma hora celebrarase a acción “Crea un plan de marketing para a túa campaña de Navidade”. Para rematar, o xoves 27 á mesma hora, terá lugar o curso “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas”. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas”, este martes 4 ás 19:00 horas. A seguinte será “Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog”, o xoves 6 á mesma hora. A ela seguiralle “Linkedin: a túa rede de networking”, este curso será impartido na sede da Asociación de Empresarios de Mós (AEMOS), o mércores 12 ás 19:00 horas. O martes 18, ás 18:00 horas, impartirase o curso “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por internet”. A formación “Estratexias de marketing para a túa empresa” chegará o xoves 20 de setembro ás 19:00 horas. O martes da seguinte semana, 25 de setembro, ás 19:00 horas terá lugar o curso “Fotografía básica I: Técnica e cámara”. Xa por último, o xoves 27, ás 19:00 horas, “Crea un plan de marketing para a campaña de Navidade” será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
Finalmente, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: martes 4 de setembro, ás 19:00 horas, co curso “Estratexias de marketing para a túa empresa turística”. “Mellora a túa páxina web e posicionala en buscadores” chegará o martes, 11 de setembro. A acción “A importancia da presenza online para as empresas” terá lugar o xoves 13 de setembro, ás 19:00 horas na sede da ACUBAM en Tomiño. O martes 18, á mesma hora, será a quenda de “Crea un plan de marketing para a campaña de Navidade”. O xoves desa mesma semana, tamén ás 19:00 horas, impartirase o curso “Fotografía básica I: Técnica e cámara”. A acción “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas” será o martes 25 de setembro, tamén ás 19:horas. E, por último, o xoves 27 de setembro á mesma hora terá lugar “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.