O diario El País sitúa no top 10 ‘Ecce Homos’ no quinto lugar a “La Metalúrgica” de Vigo

O top 10 ‘Ecce Homos’ da arquitectura española: cando restaurar edificios é sinónimo de esnaquizar.
Publicado por o día 21/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

O diario El País sitúa no top 10 ‘Ecce Homos’ no quinto lugar a “La Metalúrgica” de Vigo

O top 10 ‘Ecce Homos’ da arquitectura española: cando restaurar edificios é sinónimo de esnaquizar.

No quinto lugar ocúpao LA METALÚRGICA de Vigo.

Non o chames derriba, chámao ‘fachadismo’

Proxectada por José Barreras Massó no ano 1900, A Metalúrgica, antiga fábrica de conservas, “foi un dos mellores exemplos da arquitectura industrial viguesa, ademais dun importante testemuño do impacto que a industria conserveira tivo na economía galega”, conta Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego.

O declive das conserveiras, con todo, levouna ao peche nos anos 80. Posteriormente, as súas rehabilitacións como parque de bombeiros e como depósito de vehículos da policía alteraron a harmonía do edificio, que acabou en estado semirruinoso. Ata que, en 2016, a vella fábrica foi derrubada e comezaron as obras para construír no seu lugar as novas oficinas da Tesourería da Seguridade Social de Vigo.

“Aínda podendo recuperar os volumes orixinais, unicamente conservaron unha das fachadas, construíndo un edificio totalmente alleo ao anterior”, protesta Fernández Coto. Outro caso máis, en definitiva, do famoso fachadismo.

Foto de Marta G.Brea de FdV o 4 de Marzo de 2016
Foto do Atlántico Diario do 29 de setembro de 2018

Se desexas ver o resto do top nesta ligazón

https://elpais.com/elpais/2019/02/19/icon_design/1550585771_852074.html?fbclid=IwAR0WV7ajY_Xc2Bv2xipF1QQAQg2MA2_0AepHCYIK0xGRgkZnbnYC2amP4Qs