A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.
A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 30 deste mes e o 4 de febreiro.
Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 5 ao 7 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 8 ao 12 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 13 ao 15 de febreiro.
O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días 7 e 15 de febreiro, nos que só se atenderá en horario só de mañá.
Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocaránse bandos informativos nos próximos días detallando os lugares e horarios.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.