Á venda as entradas para o partido ante o Valencia Cf

Publicado por o día 21/08/2019 na sección de Galicia,1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Vigo

Á venda as entradas para o partido ante o Valencia Cf

LaLiga regresa a Abanca Balaídos este sábado ás 21.00 horas. O RC Celta recibe ao Valencia CF coa intención de sumar o primeiros tres puntos no campionato doméstico. As entradas xa están á venda desde 15 euros nos despachos de billetes do estadio de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e o sábado, día de partido, desde as 10:00 ata o inicio do encontro. Tamén se poden adquirir online en tickets.rccelta.es . As localidades para a bancada de Río Baixo só estarán dispoñibles en despacho de billetes.