A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do Miño en Ourense e Pontevedra

O episodio prolongarase ata últimas horas da tarde nas zonas do Miño de ambas provincias
Publicado por o día 18/07/2020 na sección de Galicia,Ourense,Pontevedra

A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do Miño en Ourense e Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do Miño, nas provincias de Pontevedra e Ourense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico esperase que de comezo este mediodía que se prolongará ata últimas horas da tarde. Poderanse alcanzar ata 37 graos. Están en alerta amarela por altas temperaturas zonas do interior da Coruña, Lugo e Ourense, así como as Rías Baixas e o litoral suroeste da provincia da Coruña.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manterse hidratado, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Ademais, recórdase que nunca debe deixarse a nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Comentar noticia

Your email address will not be published.