A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por choivas no suroeste da provincia da Coruña e nas Rías Baixas.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase 80 mm/12 horas no suroeste da provincia de A Coruña e nas Rías Baixas. No interior e na zona do Miño da provincia de Pontevedra, e no oeste da Coruña esta activada alerta amarela, podendo acadar os 60mm/12 horas. Está tamén activado un aviso amarelo por vento na mariña lucense con refachos que poden acadar os 90km/h.
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.