A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias nas provincias da Coruña e Lugo

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal
Publicado por o día 11/08/2020 na sección de A Coruña,Galicia,Lugo

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias nas provincias da Coruña e Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no noroeste e no interior da provincia da Coruña, así como no centro e na montaña de Lugo e na Mariña lucense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que dará comezo a últimas horas de hoxe e remitirá previsiblemente a primeiras horas da tarde de mañá.

Estas chuvias poden vir acompañadas de saraibas e graínzo, motivo polo cal desde o mediodía de hoxe tamén se activa a alerta amarela por tormentas e por chuvias no centro e na montaña de Lugo e desde as últimas horas da noite por precipitacións no noroeste e no interior da Coruña e na Mariña de Lugo, con precipitacións acumuladas de 70 mm en 12 horas.

Por outra parte, no sur de Lugo xunto coas zonas de montaña e de Valdeorras da provincia de Ourense, o nivel de aviso será amarelo por tormentas a partir deste mediodía con probabilidade tamén de saraiba.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Comentar noticia

Your email address will not be published.