A Consellería do Medio Rural está a distribuír ao longo destes días un total de 325 dispositivos con sinal luminoso V-1 e sinal acústico entre os vehículos prioritarios da Dirección Xeral de Defensa do Monte destinados á prevención e loita contra os lumes forestais. Estes equipos van destinados aos vehículos de brigadas de bombeiros forestais e aos de axentes facultativos medioambientais e axentes forestais da Consellería, repartidos polos diferentes distritos.
A entrega destes dispositivos faise consonte ao establecido polos últimos cambios normativos, que unifican a cor do sinal luminoso V-1 dos vehículos prioritarios, de forma que pasa a ser azul en todos os casos. Con anterioridade, este sinal era de cor azul para os vehículos de policía e de cor amarela auto para os vehículos de extinción de incendios, de asistencia sanitaria e de protección civil e salvamento.
Con tal motivo, a Consellería do Medio Rural adquiriu por un importe total de 78.650 euros os devanditos equipos, que se están a entregar agora e que deberán empregar estes vehículos cando se dirixan á realización de tarefas de extinción de lumes forestais. O obxectivo último da adaptación destes sinais luminosos e acústicos á normativa é mellorar os tempos de resposta do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e garantir a seguridade de todos os galegos cando estes efectivos se desprazan aos lugares de actuación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.