O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social que desenvolvan programas de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos.
En total, a través desta convocatoria -financiada ao 80% polo Fondo Social Europeo- resultaron beneficiarias un total de 9 entidades galegas. O total do orzamento concedido ascende a preto de 450.000 euros.
As entidades beneficiarias cumpren os requisitos establecidos na convocatoria: estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais; ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma; e presentar proxectos de atención integral dirixidos ás vítimas de trata ou explotación sexual, coa finalidade de apoiar a súa recuperación e integración social e laboral
Os proxectos de atención integral inclúen un amplo abano de actividades, como a atención inicial nos chamamentos realizados polas autoridades competentes, xudiciais, fiscais e policiais para a atención inmediata e asistencia social, legal ou psicolóxica; asesoramento social e actuacións de apoio directo nas relacións coas distintas entidades, organismos e servizos para a realización de trámites administrativos que permitan ás persoas beneficiarias iniciar o seu proceso de normalización social; e información e asesoramento continuado sobre os recursos dispoñibles.
Ademais, tamén se incorporan actuacións como o acompañamento, apoio e seguimento no proxecto persoal de cada persoa usuaria; a atención psicolóxica para abordar posibles trastornos emocionais e/ou condutuais; así como orientación laboral ou atención e asesoramento en traballo de rúa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.