O alcalde de Vigo, Abel Caballero, in lamentou este xoves o pasamento de Paulino Freire Gestoso, nomeado Vigués Distinguido en 2012, e destacou o seu labor en favor de Bouzas e de toda a cidade.
“Adicou a súa vida a traballar por Bouzas e Vigo, polo Cristo de Bouzas, as Festas, a defensa da cidade, deume moitas ideas e aprendín moito de Paulino, moitísimo, porque cada vez que falabamos aportaba ideas e defendía o arraigo das festas tradicionais como cultura popular que hai que manter”, sinalou Caballero en rolda de prensa. O alcalde tamén enviou o seu pésame e unha aperta a toda a familia dun “vigués e boucense extraordinario”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.