O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sumouse este martes ás mostras de dor polo pasamento nas últimas horas do alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, tras unha longa enfermidade. “Temos unha sensación de moita pena porque era un grande alcalde e unha grande persoa”, sinalou.
Caballero acudiu a mediodía á capela ardente instalada no Concello de Cangas polo que foi rexedor da vila desde o ano 2015. Mestre, escritor e dramaturgo, Pazos estaba moi relacionado con mundo da cultura e foi o fundador da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
Concelleiro de Cultura en dúas etapas, entre 1995 e 1996 por Esquerda Galega e entre 2007 e 2009 por Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), tamén foi parlamentario autonómico.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.