Aberta a inscrición para o curso de creación de empresas

Publicado por o día 13/06/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Aberta a inscrición para o curso de creación de empresas

A concelleira en funcións de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, informa que xa está aberto o prazo para inscribirse no obradoiro para a creación de empresas enmarcado no “V plan de igualdade local de oportunidades entre mulleres e homes do concello de Ponteareas”.

O prazo de inscrición remata o 26 de xuño e a duración do curso será de seis horas repartidos en dous días, o 27 de xuño de 10 a 13 horas e o 5 de xullo de 10 a 13 horas, ámbolos dous días será na sala de usos múltiples do auditorio municipal.

As persoas asistentes contarán cun servizo de canguraxe que será preciso solicitalo na inscrición.

Os e as interesadas deben matricularse escaneando o código QR do cartaz ou accedendo a través da ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSebUBdp9J-RvWQJo0p92J1tIm6y9E4CV1PAI6ZNmFNLGIZrRQ/viewform

Para obter máis información deberán dirixirse ao enderezo electrónico igualdade@atlanticponte.comou nos teléfonos 981 57 64 69 /618 082