As axudas Incuvi-Avanza naceron no ano 2016 como unha aposta por consolidar os proxectos máis prometedores e con máis futuro dos que cada ano participan na convocatoria Incuvi-Emprende de emprendemento universitario. O obxectivo é que os as iniciativas viables, nacidos ou desenvolvidas na Universidade de Vigo e promovidos por estudantado ou persoas recentemente tituladas, poidan finalmente converterse en empresas. Para iso convócanse dúas axudas, unha para o campus de Vigo e Pontevedra e outra para o de Ourense.
A axuda comprende tanto unha contribución económica como un aloxamento e actividades de mentorización. Así, as iniciativas seleccionadas recibirán unha achega máxima de 3000 € por proxecto para facer fronte a custos de xestión e investimentos derivados da posta en marcha das empresas, como a adquisición de equipamento e material instrumental, os gastos de asesoramento, servizos de apoio para a elaboración do plan de negocio, para a saída ao mercado ou para a procura de investidores, gastos derivados da constitución como empresa (custos notariais, inscricións no rexistro mercantil, xestoría administrativa, etc.) e calquera outro que se considere relevante para a viabilidade do proxecto empresarial.
Por outra banda, ambos proxectos tamén contarán cun equipo de consultaría que asesorará e mentorizará os proxectos durante 12 meses. A Universidade de Vigo contratará a empresa de consultaría por un custo máximo de 3000 € por proxecto. O proxecto seleccionado no campus de Vigo terá tamén á súa posición un dos espazos de incubación do parque de Porto do Molle pertencentes ao Consorcio da Zona Franca ou dalgúns dos seus viveiros, mentres que en Ourense instalaranse no CITI.
Nesta convocatoria poderán participar as persoas beneficiarias dun premio na 7ª edición da convocatoria Incuvi-Emprende que desexen continuar o desenvolvemento do proxecto co que concorreran a Incuvi-Emprende, e teñan elaborado o correspondente plan de empresa.
Obrigas dos seleccionados
A participación neste programa de consolidación de iniciativas empresariais comportan tamén certas obrigas para as persoas promotoras dos proxectos, de cara a asegurar que estes acaban converténdose en iniciativas empresariais viables. De feito, no prazo de oito meses dende a resolución de concesión, os promotores deberán xustificar a constitución legal da empresa, desenvolver as actividades nos espazos asignados e presentar facturas e xustificantes dos gastos a subvencionar.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.