O Concello de Mos e EVD Galicia organizan conxuntamente o Campamento Infantil de Semana Santa 2019 que leva por título Artistas na Natureza.
Realizarase os días 15, 16, 17 e 22 de abril na Aldea Alfacuca e, en caso de choiva, trasladaríase á Ludoteca de Louredo.
Os participantes contarán con obradoiros e actividades ao aire libre así como xogos tradicionais e iniciativas de artesanía e reciclaxe.
O horario será de 9.00 a 14.00 horas pero os/as pais/nais que estean interesados poderán solicitar o Plan Madruga de 8.00 a 9.00 horas, así como tamén o servizo de comedor de 14.30 horas a 15.30 horas. Tamén haberá servizo de transporte.
As idades dos participantes deberán estar comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O prezo por un día de participación é de 8 euros e polos 4 días de 30 euros. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de abril.
Para máis información: 986 33 94 04 e [email protected]
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.