Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos obradoiros de verán do Museo de Pontevedra

Un total de 120 nenas e nenos de 5 a 14 anos poderán participar nesta proposta lúdica que inclúe catro temáticas diferentes que se desenvolverán ao longo de xullo e agosto
Publicado por o día 18/06/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos obradoiros de verán do Museo de Pontevedra

Divulgar e dinamizar o patrimonio material e inmaterial, así como estimular a comunicación, creatividade, sensibilidade e a expresión dos e das cativas é o obxectivo dos obradoiros de verán que desenvolverá o Museo de Pontevedra durante os meses de xullo e agosto.

Ofértanse un total de 120 prazas para nenas e nenos de entre 5 e 14 anos de idade, que poderán participar nunha nova proposta lúdica que, este verán, incluirá catro bloques temáticos como son Cerámica creativa. Arredor de Luis SeoanePequeólogos/as. Obradoiros de exiptoloxíaO obxecto e o espazo cotiá na obra de mulleres artistas, e Unha ollada ó pasado. Viaxando pola prehistoria de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta iniciativa, que terá lugar no Sexto Edificio en quendas semanais, abrangue desde hoxe ata o próximo día 27. No caso de que a demanda sexa superior a oferta celebrarase un sorteo público o venres 28, ás 9:30 h, no edificio Fernández López do Museo.

Os horarios e datas de celebración de cada obradoiro pódense consultar na páxina web do Museo de Pontevedra (http://www.museo.depo.gal/), así como as bases e o formulario de inscrición.