Aberto o prazo para a presentación de solicitudes á Convocatoria PREMIOS CIENTÍFICOS 2019 cunha dotación total de 9.000 euros.

Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Sanidad

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes á Convocatoria PREMIOS CIENTÍFICOS 2019 cunha dotación total de 9.000 euros.

En cumprimento dun dos seus obxectivos fundacionais a Fundación Colexio Médico de Pontevedra, convoca os Premios aos Mellores Traballos Científicos (Artigos Orixinais e Comunicacións Orais ou Póster), realizados por médicos en formación co obxectivo de estimular, recoñecer e incentivar o traballo de investigación que realizan estes para fomentar a súa aplicación práctica de face a mellorar a atención clínica dos pacientes.

Nesta convocatoria, admitiranse os Traballos Científicos presentados durante o período comprendido entre xuño de 2018 e maio de 2019. O prazo límite de presentación de solicitudes para todas as categorías finalizará o día 22 de maio de 2019.

Máis información en
www.premios-cientificos-fcomp.es