Aberto o prazo para que as ANPAS de Educación especial soliciten axudas para financiar as súas actividades

O DOG publica hoxe a Orde na que se habilitan 60.000 euros para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións
Publicado por o día 05/03/2019 na sección de Educación

Aberto o prazo para que as ANPAS de Educación especial soliciten axudas para financiar as súas actividades

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar as axudas para financiar actividades das confederacións, federacións e asociacións de nais e pais de alumnado de centros de educación especial para este ano.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de axudas dotada cunha partida de inicial de 60.000 euros, contía que pode ampliarse, tal e como se recolle na propia convocatoria, coas transferencias que se reciban do Ministerio de Educación e Formación Profesional. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións.

As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 5 de abril para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e xuntar toda a documentación que se require.