Afundación en casa continúa coa súa proposta en torno á súa colección de arte, «A colección na casa»

Co gallo da mostra «Fóra de foco», inaugurada na Sede Afundación A Coruña días antes do estado de alarma, estúdanse algunhas das obras alí expostas
Publicado por o día 21/04/2020 na sección de Cultura

Afundación en casa continúa coa súa proposta en torno á súa colección de arte, «A colección na casa»

Afundación en casa continúa coas súas iniciativas a favor da difusión do coñecemento e da cultura. Baixo o programa «A colección en casa», nesta ocasión e con motivo da apertura na Sé Afundación A Coruña o pasado 12 de marzo da mostra «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», a comisaria, Mercedes Rozas, elaborou unha serie de estudos analíticos que, de xeito sintético e en forma de vídeos, analizan algunhas pezas escolleitas desa mostra: Ciria, Daniel Canogar, Manolo Valdés, Mersad Beber e Soledad Sevilla son os autores cuxas obras se estudan nesta ocasión.

A análise sobre a peza de Soledad Sevilla, En mi propio interior, pódese visualizar aquí.

A Colección de Arte Afundación. A colección en casa

Integrada por máis de cinco mil obras, a Colección de Arte Afundación é unha das máis completas de arte galega da comunidade, cuxo fondo, ademais de incluír pezas significativas da creación española, cobre as etapas esenciais da arte galega desde o século XIX. A súa importancia valeulle a declaración de Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015, ratificando, así, un proxecto iniciado hai máis de cinco décadas. A Colección de Arte Afundación naceu coa vocación de apoiar e divulgar o labor dos artistas galegos dentro e fóra das fronteiras da comunidade. Outra premisa básica desta colección é a súa finalidade museable, é dicir, está concibida para ser exposta e para permanecer á disposición e, xa que logo, para o seu gozo público. Dada a actual

conxuntura, Afundación desenvolveu o programa «A colección en casa» para cumprir con este propósito e seguir achegando a cultura á cidadanía.