AGP Traducciones, novo socio de Vigo Convention Bureau

Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

AGP Traducciones, novo socio de Vigo Convention Bureau

Hoxe a Vigo Convention Bureau dalle a benvida a un novo socio, AGP Traducciones

Trátase dunha empresa de tradución que ofrece servizos profesionais desde fai máis dunha década.  O seu equipo de tradutores é coidadosamente seleccionado desde o inicio e cada tradutor sométese a unha avaliación crítica que asegura a calidade do produto final.

Esta empresa é ideal para satisfacer as necesidades de todo tipo de eventos que precisen de tradutores, como os congresos ou reunións.

Se necesitas a tradución da túa páxina web, dun texto ou un servizo de interpretación, non o dubides, en AGP Traducciones seguro que teñen unha boa proposta para ti.