A Concellaría de Deportes presentou esta mañá o proxecto do primeiro Rastrexo de Pontevedra “Ponteafuxir”, xunto aos seus creadores, promotores e organizadores: os alumnos de 2º do Ciclo de grao superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas do IES Sánchez Cantón.
Son arredor de 30 alumnos da materia de Xestión, que como proxecto de curso decidiron crear unha pequena empresa por medio da asociación do centro, Aletheia, que lles permitirá pór en marcha todo o que teñen aprendido ao longo do ciclo. É unha empresa dirixida ao desenvolvemento de eventos deportivos.
A proposta, que conta co apoio da Asociación de veciños Salcedo-Norte, chegou á Concellaría de Deportes que acordou colaborar para facer realidade este proxecto: o primeiro rastrexo de Pontevedra.
Un rastrexo é un conxunto de probas nocturnas de resistencia, habilidade e convivencia nas que os grupos participantes deben completar unha ruta definida pola organización e superar unha serie de retos ao largo da mesma.
O rastrexo está preparado para o vindeiro 21 de abril. Desenvolverase baixo a temática de policías e cacos entre Pontevedra e a parroquia de Salcedo. Os participantes poden facelo en dúas categorías: familia ou open. Na familiar deberá participar un neno, cando menos, de idade inferior aos 13 anos. E na categoría Open poderán participar nenos de máis de 16 anos, pero sempre baixo a tutela dun adulto.
Para máis información consultar a páxina do Rastrexo www.ponteafuxir.com, creada tamén polo grupo de alumnos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.