Mañá martes, 12 e febreiro, e co gallo da publicación dos seus libros “Ám@me” e “Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados“, o Ateneo Atlántico xunta na Casa do Libro de Vigo ás súas autoras, Amada Traba, Chis Oliveira e Iolanda Zúñiga, para que conversen sobre o Amor e como se pode definir nos nosos días. Na súa charla queren provocar ao asistente, con sentido do humor, á reflexión e suscitando debate.
Chís Oliveira é catedrática de Filosofía, experta en Educación Sexual, e autora de numerosos libros sobre o tema coma “Eros: Materiais para pensar o amor”. Amada Traba é profesora de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo e autora de numerosos artigos sobre as políticas de igualdade. Xuntas co-escribiron recentemente “Ám@me” (Galaxia, 2018). Iolanda Zúñiga foi gañadora do premio Xerais de novela en 2010 coa súa novela “Periferia“, e acaba de publicar recentemenete o libro “Natura“.
Presentará polo Ateneo Atlántico, Ana Fresco
Entrada libre ata completar aforo
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.