Este próximo mércores, o Ateneo Atlántico quere invitar aos seus socios, aos medios de comunicación e a toda a cidadanía a debatir sobre o Estado do benestar e da probreza en Vigo. O debate terá lugar o próximo mércores 6 de Febreiro ás 19:00h no Salón de Actos da Sede da O.N.C.E. en Vigo, a quen lle agradecemos a cesión gratuita do espacio.
Nun momento en que se reciben noticias contradictorias entre algúns dos actores municipais neste eido, é importante darlle voz pública a aqueles que mellor coñecen o tema, e escoitar o seu análise da situación e as súas propostas. Para elo o Ateneo Atlántico organiza este Estado da Cuestión, co formato habitual: deixarlle un tempo medido aos invitados para que libremente expresen ás súas inquedanzas e logo abir o debate ao público.
Falarán nun primeiro turno:
- Marta Iglesias Bueno, Xefa Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
- Antón Bouzas Álvarez, terapeuta e portavoz do Foro Socioeducativo “Os Ninguéns”
- Xosé Cuns Traba, en representación da Rede Galega contra a Probreza
Están invitados a intervir nun segundo turno:
- Angel Holguera Dominguez, presidente de COGAMI Pontevedra
- Silvia Pérez Freire, socióloga e especialista en violencia de xénero
- Ana Pardo Álvarez, da asociación PROVIVENDA
- Rosa Alonso Míguez, traballadora social
- Colectivo Vigo +Social
- Colectivo Migrantes
O público asistente está convidado a debater en posteriores turnos ata o fin da hora convenida, dentro duns límite de tempo e de pertinencia respecto ao tema do debate.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.