Animan aos pais e nais a participación do taller “Disciplina Positiva” que se fará en Vigo

Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Animan aos pais e nais a participación do taller “Disciplina Positiva” que se fará en Vigo

nimámosvos a participar neste taller de “Disciplina Positiva” que comeza o vindeiro luns, 4 de novembro. Organizado por Foanpas Vigo está dirixido a nais e pais dos centros de ensino público.

Impartido pola mestra de educación infantil, Rocío Álvarez, celebrarase os luns 4, 11, 18 e 25 de novembro NOVEMBRO e 2 e 9 de decembro de 17:30 a 19:30 horas no IME (Camiño do Chouzo nº 2 – Vigo).

Nesta iniciativa analizaranse diversas cuestións
relacionadas coa disciplina positiva, como a amabilidade e a firmeza, os límites e as consecuencias, o cerebro, o acompañamento emocional, os premios e castigos, a autorregulación e a autoconciencia. Ademais proporcionaranse ferramentas respectuosas para poder poñelas en práctica na casa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.