Antón Gómez Reino obtén o aval das inscritas en Podemos Galicia para presentarse ás primarias para as eleccións autonómicas

A candidatura de Martín Bardelas decae ao non acadar os avais necesarios
Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Política,Podemos

Antón Gómez Reino obtén o aval das inscritas en Podemos Galicia para presentarse ás primarias para as eleccións autonómicas

Antón Gómez Reino obtivo os avais necesarios das inscritas en Podemos Galicia para rexistrar a súa candidatura á Presidencia da Xunta nas eleccións primarias do partido para os comicios ao Parlamento de Galicia. A candidatura de Martín Bardelas decaeu ao non obter o número mínimo de avais necesarios establecido polos Estatutos do partido.

No que se refire ao proceso de elección de aspirantes ao corpo de lista das candidaturas, obtiveron o número de avais requerido as persoas que figuran no Anexo.

Seguindo o calendario electoral das primarias, ao longo do día de mañá, mércores 19 de febreiro, publicaranse as candidaturas definitivas, e o xoves día 20 abrirase a campaña electoral. A inscritas poderán votar ás candidaturas da súa elección, polo procedemento telemático, desde o venres día 21 ata o martes día 25, ambos incluidos. Tras os preceptivos procesos de verificación, antifraude e reconto, os resultados definitivos faranse públicos o xoves día 27.

As inscritas poden obter toda a información necesaria sobre o proceso das primarias e as candidaturas rexistradas na dirección electrónica https://primariasgalicia.podemos.info/.