Antón Sánchez: «Ningunha marca está por riba da Unidade Popular» | Entrevista na TVG

Hoxe o Portavoz Nacional Antón Sánchez foi entrevistado no programa Bos Días da nosa televisión pública, no que puido falar sobre cuestións de actualidade e fixar posición sobre diferentes temas. Defendeu que «o proxecto de ruptura que representa En Marea non pode reducirse a unha práctica institucional desconectada da mobilización cidadá».
Publicado por o día 21/05/2018 na sección de Política,Anova

Antón Sánchez: «Ningunha marca está por riba da Unidade Popular» | Entrevista na TVG

Comezou a entrevista lembrando que «os dereitos hai que pelexalos todos os días, no institucional e na rúa. É fundamental para a transformación radical das cousas». Nese sentido afirmou que «non viñemos para ser un partido de cadros ou dirixentes» xa que «nas institucións non se decide todo» polo que é necesario marcar unha axenda política acorde cos nosos intereses «en conexión cos movementos sociais».

Interpelado sobre as cuestións internas de En Marea, Antón Sánchez reiterou que deben «pecharse democraticamente» en función aos procedementos que temos regrados e con garantías. Considera que estes asuntos «non poden ocupar o centro do debate» como aconteceu nos últimos dous meses xa que nos «afastan de estar centrados en cuestións moi importantes que están a pasar agora no país. Acaba de recoñecerse agora que o señor Feijóo e a señora Marta Fernández Currás mentiron cando dixeron que unha auditoría avalaba a fusión das caixas galegas».

Nesta ligazón podes ver a entrevista completa