Este venres 28 ás 19 de Meirás terán que comparecer no xulgado de Betanzos denunciadas pola familia Franco pola ocupación simbólica do Pazo de Meirás do 30 de agosto de 2017. Con este acto simbólico ás 19 de Meirás denunciaban o espolio ao pobo galego e o Franquismo que aínda hoxe, após máis 40 anos de falecido o Ditador, impregna todo o Réxime do 78.
Concentración
Desde este grupo de apoio ás 19 de Meirás queremos pedirche que participes na concentración que terá lugar este venres 28 de setembro, ás 10 da mañá, no xulgado de Betanzos (Praza Irmáns García Naveira). A súa loita contra o Franquismo e pola recuperación do Pazo de Meirás é unha loita colectiva, é de todas e todos.
#EuTaménSon19deMeirás
Mais se polas túas circunstancias persoais non podes acudir a Betanzos, tamén podes botar unha man a través das redes sociais. Ese mesmo día 28, a partir das 10h, activaremos o hashtag en Twitter #EuTaménSon19deMeiráspara que amoses o teu apoio ás 19 de Meirás a través da redes. Recorda mencionar a nosa conta de Twitter que é @19demeiras.
Por favor, non utilices este hashtag até o venres 28 ás 10h.
Por último, recordarche que sigue aberto o formulario de sinaturas do manifesto en apoio ás 19 de Meirás. Non dubides en compartir a seguinte ligazón.
Moitas grazas polo teu apoio e colaboración.
19 de Meirás
Grupo de apoio ás 19 persoas persoas imputadas por denunciar o Franquismo en Meirás.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.