Como apoiar a folga do 8M

Publicado por o día 25/02/2018 na sección de Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia,Eventos

Como apoiar a folga do 8M

8 de marzo se tomaran as rúas para dicir basta á violencia machista e ao cerceamento dos dereitos civís, humanos, sexuais e reprodutivos das mulleres en todo o planeta.

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia fan un chamamento para secundar o paro internacional de mulleres, de todas as formas que estea na súa man:

Como participar desta mobilización?

Na folga laboral:

  • Non acudas ao teu posto de traballo o día 8. En Galicia podemos facer folga legalmente o 8M de 2h. ou 24 h. (infórmate no teu sindicato)
  • Instala mensaxe automática de “fóra da oficina” no email e explica o porque.
  • Visibiliza a folga no teu entorno. Reparte material e informa.

Mira aquí todas as ideas para participar na folga laboral: https://folgafeminista.org/folga-laboral/

Na folga de coidados:

  • O día 8 non fagas ningunha tarefa de coidados de persoas (crianzas, persoas maiores, persoas con dependencia…) nin tarefas domésticas. Que os asuman os homes para poder facer folga. Se non hai esa opción, intenta facer paros visibles (con cartaces, saíndo á rúa, etc.)
  • Pendura da fiestra ou balcón un mandil como símbolo de que apoias a folga.

Mira aquí todas as ideas sobre a folga de coidados: https://folgafeminista.org/folga-de-coidados/

Na folga estudiantil:

  • Non acudas ao centro de estudos o día 8 (infórmate dos teus dereitos nos sindicatos de estudantes)
  • Informa no teu centro sobre a folga (pegando cartaces, repartindo panfletos…)

Máis ideas e detalles sobre a folga estudiantil: https://folgafeminista.org/folga-estudantil/

Na folga de consumo:

  • Non consumas nada o día 8 de marzo. Merca con antelación os produtos básicos para evitar mercalos ese día.
  • Informa nos locais que mercas habitualmente sobre por que estás a facer folga de consumo.
  • Evita consumo de combustibles e electricidade na medida do posible.

Mira aquí todas as propostas sobre o consumo no 8M aquí: https://folgafeminista.org/folga-de-consumo/

Outras formas de participar:

  • Muda a imaxe de perfil nas túas redes sociais.
  • Participa nas manifestacións e marchas que se están a organizar para este día en diferentes localidades, e na manifestación nacional convocada en Vigo, o 4 de marzo.
  • Pon un brazalete lila e coloca panos lilas no teu coche e nas varandas e ventás da túa casa.
  • Difunde a folga e as mobilizacións que se están a organizar.