Esta mañá celebrouse unha Xunta de Goberno extraordinaria na que se aprobou o proxecto de Orzamento de 2021. Tras esta aprobación, iníciase o proceso de convocatoria de Comisións.
Así, a primeira Comisión de Contas terá lugar o vindeiro venres 8 de xaneiro, na que se lle ofrecerá a información relativa ao proxecto de Orzamento a todos os grupos da corporación municipal. O prazo para presentación de enmendas rematará o luns 11 e o martes 12 terá lugar a Comisión de Dictame.
Convén lembrar que o orzamento de 2021 contempla dúas fases e ten por obxectivo iniciar a recuperación económica post-covid: a primeira fase supera os 80 millóns de euros, e a segunda será sobre o mes de abril cando se incorporen os remanentes de tesourería liquidados do orzamento 2020, que supoñen arredor de 20 millóns de euros.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.