Aquí Cantase! comeza o camiño cara a gran “quedada” de agosto

É unha iniciativa do Concello, en colaboración con Maravallada, para promocionar a música tradicional, na variante cantada e xerar colectividade
Publicado por o día 28/03/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Aquí Cantase! comeza o camiño cara a gran “quedada” de agosto

Promocionar a música tradicional, na súa variante cantada, e xerar un grupo numeroso de persoas que participe nunha gran “quedada” – Supercantos – para cantar nas prazas da cidade o próximo 10 de agosto, véspera do inicio das Festas da Peregrina. Aquí Cántase!! co aval do éxito do pasado ano, bota a andar, por segunda vez o próximo luns 4 de abril, o camiño que rematará na gran quedada, na que para partcipar só se pide querer cantar e querer gozar.

A concelleira de Dinamización Sociocultural e Festas, Carme da Silva e os membros de Maravallada, Luís Torres e Manuel Espiño presentaron hoxe a segunda edición dos Supercantos!! que os números definen do seguinte xeito: 20 cancións para aprender, 4 ensaios por local, 3 sedes para ensaiar e 4 prazas para actuar.

Calquera pode sumarse ao proxecto pero hai que inscribirse a efectos de encadre nas xornadas previas ao ensaio. As inscricións en www.pontevedra.gal/supercantos ou no teléfono 986.804300 ext. 7107

O pasado ano arredor de 300 persoas participaron nos ensaios e máis dun millar reuníronse (ou achegáronse ao escoitar os cantos) na rúa en agosto para cantar.

Os ensaios desenvolveranse en tres centros sociais e veciñais do Concello: no Local social de Cabaleiro (Campañó), Local Social do Gorgullón e Casa Verde de Salcedo e co seguinte calendario:

ABRIL

MAIO

XUÑO

XULLO

Campañó

4

9

6

4

Gorgullón

9

7

11

9

Salcedo

18

16

20

18

 

A concelleira Carme da Silva sinala que esta gran “quedada” para cantar xe é parte da programación festiva de Pontevedra.

Cartel-Programa Supercantos