Arde unha oficina ao reavivarse o incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba

Publicado por o día 27/01/2020 na sección de Sucesos

Arde unha oficina ao reavivarse o incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba

O incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba reavivouse esta mañá e afectou a unha oficina do local que ardeu por completo, sen rexistrarse danos persoais.

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia pasados uns minutos das 7:15 horas.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Unha vez sufocado o incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da localidade permaneceron no almacén revisando as zonas afectadas.

Incendio nun edificio abandonado na Coruña

Por outra banda, un incendio declarado a pasada tarde nun edificio abandonado na rúa de Monforte, na Coruña, mobilizou aos servizos de emerxencia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, arderon dúas habitacións situadas no segundo andar.

Foi unha persoa particular quen alertaba ao 112 Galicia ás 20:40 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros da Coruña, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Polo momento, descoñécense as causas que provocaron o lume.