ARVI celebra mañá a súa VI Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca

Publicado por o día 02/07/2019 na sección de Galicia,Vigo

ARVI celebra mañá a súa VI Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca

A alimentación sustentable centra a VI Conferencia Internacional ARVI sobre o Futuro da Pesca, “Proxecto Eduksano: A necesidade dunha alimentación sustentable”, que se celebra mañá na sede da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo. Será o preámbulo do Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest, que se celebra do xoves ao domingo.

http://www.arvi.org/VICONF/tripticoVI.pdf

A conferencia desenvolverase ao redor de tres mesas de debate:

A mesa 1, que estará integrada por alumnos/ as de varios colexios de Vigo, departirá sobre “Os escolares fronte á Educación Nutricional”.

A mesa 2, na que participarán expertos en medicina, nutrición, restauración e docencia –como o ex baloncestista e cardiólogo Juan Antonio Corbalán, dedicado agora ás Ciencias da Actividade Física, ou o doutor Carlos Piñeiro, responsable de programas de Saúde en Narón, ben coñecido pola súa proposta para adelgazar ao pobo 100.000 quilos en dous anos apoiado na dieta Atlántica–, e centrarase nos “Contidos e actividades para a materia de Educación Nutricional”.

A mesa 3, formada por representantes de Consellerías do Mar e de Sanidade dalgunhas Comunidades Autónomas, do Ministerio de Educación e Formación Profesional e da Confederación Nacional de Pais de Familia e Pais de Alumnos ( Concapa), que dialogarán e dirixirán as súas intervencións cara ao tema: “ EduKsano e as competencias autonómicas e Estatal en Educación e Sanidade”.