As 10 Experiencias máis lidas en Turismo Rías Baixas 2017

As praias de Rías Baixas, os hobbits da Illa da Toxa, Sanxenxo ou a Festa da auga de Vilagarcía de Arousa, entre o máis lido do portal xunto a outras noticias en 2017
Publicado por o día 15/01/2018 na sección de Turismo

As 10 Experiencias máis lidas en Turismo Rías Baixas 2017

Cando falamos de Experiencias falamos de artigos que tratan un tema con maior profundidade e cuxa extensión adoita ser máis ampla que a dunha noticia. Despois de ofrecer as noticias que máis éxito tiveron en 2017, a continuación listamos estas Experiencias con maior número de lecturas ese mesmo ano:

  1. Praias das Rías Baixas

O sol e a praia comezan a ser un distintivo da costa galega, principalmente para un turismo afeito a buscar o sol na costa mediterránea. A este turismo súmaselle o factor “verde” do norte de España, permitindo que destinos como Rías Baixas vaian cobrando forza na época estival. Con case 400 quilómetros de costa, a entrada na lista desta Experiencia sobre as mellores praias estaba case cantada.

  1. Os hobbits da Illa da Toxa

A Aldea Grobit alude directamente a un dos personaxes de ficción máis famosos dos últimos anos, os hobbits do El Señor de los anillos de Tolkien. Quizais por iso obtivese tanta atención. Neste caso, no canto de situarse na Terra Media, a aldea atópase no Grove, e máis concretamente nun dos enclaves máis populares dese municipio, a Illa da Toxa.

  1. Se tes dúas horas, Sanxenxo espérache!

Se entre as noticias máis lidas ocupaba a sexta posición, agora ocupa a terceira de cando se realizou o especial sobre a ruta proposta polo propio concello. Sen ningunha dúbida, lémbranos que se trata dun dos destinos preferidos da provincia.

  1. Festa da auga de Vilagarcía de Arousa. 

A cuarta posición vaise a un dos festexos máis populares de Rías Baixas . Unha festa que conxuga a tradición da procesión relixiosa cunha festa de ton máis xuvenil e onde todo o mundo está convidado. Con 25 anos de celebración en 2017, foi a cuarta Experiencia máis lida.

  1. Da Guarda a Crecente: ruta polos municipios que lindan con Portugal

A seguinte Experiencia lévanos ao sur da provincia, ao redor da fronteira natural que forma o río Miño coa nosa veciña Portugal. Unha ruta que percorre ata oito municipios cheos de beleza e onde hai moito por descubrir.

En 2017, as “Praias de Rías Baixas” alzouse co máis lido do ano neste portal turístico

  1. Arte urbana en Vigo: a ruta dos murais

A urbe galega está en continuo crecemento, quérese situar como unha cidade habitable onde pasear polas súas rúas sexa ademais dun pracer todo un orgullo. Entre os traballos para humanizar a vila, durante anos fóronse creando diferentes murais que embelecen a cidade. De feito, na última tempada son máis de 15 os murais creados e que habería que sumar aos que ofrece este artigo.

  1. Cambados coroa ao príncipe dos viños brancos

O artigo especial da Festa do Albariño alzase como a sétima Experiencia máis lida ao longo de 2017. Cambados, outro dos destinos sinalados da costa galega, suma esta Experiencia a outro artigo sobre o mesmo festexo que tamén se coou entre o máis lido das noticias 2017.

  1. O top 10 dos cogomelos comestibles de Rías Baixas.

A riqueza natural galega entra nesta clasificación anual grazas á lista dos cogomelos máis populares de Rías Baixas .

  1. Ons, a maxia dunha illa

Entre o máis recoñecido da provincia está o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Varias illas entre as que destacan tamén as Illas Cíes, pero na que cada unha posúe a súa propia beleza e moito que ofrecer. Ons entra orgullosamente no Top Ten 2017 en representación das illas de Rías Baixas .

  1. Baiona viaxa no tempo para conmemorar o Descubrimento

O 1 de marzo de 1493, fai cincocentos anos, a carabela Pinta atracaba no porto de Baiona finalizando un das viaxes que marcaría un cambio na historia da humanidade. Na actualidade, o municipio celebra anualmente a conmemoración desa recalada á vila baixo o nome da Arribada, Festa de Interese Turístico Internacional desde 2015.