As Cortellas plantará preto 1.000 árbores apadriñadas no festival “Música polo noso monte”

Publicado por o día 09/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

As Cortellas plantará preto 1.000 árbores apadriñadas no festival “Música polo noso monte”

A veciñanza das Cortellas e a comunidade de montes de Padróns convida a todas as madriñas e padriños que apadriñaron árbores no festival “Música polo noso monte” celebrado o pasado 3 de marzo de 2018 a participar na xuntanza que terá lugar este domingo 13 de Xaneiro ás 08:15 horas.

Xunto a capela das Cortellas reuniránse todos e todas as que queiran plantar as  preto de mil árbores apadriñadas.

Os e as interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo ascortellas@gmail.com antes do día 11 indicando nome, apelidos, data de nacemento e dni para poder ter cobertura do seguro que a organización contratará para maior seguridade.

A veciñanza das Cortellas, en Padróns, suxire levar sacho ou legón para poder facilitar o traballo.

O concello de Ponteaeras, que apoiou dende o inicia a iniciativa, felicita á xente das Cortellas e da comunidade de montes de Padróns pola súa labor na defensa e protección dos montes.