As entidades deportivas poden optar xa ás axudas para competicións federadas da Deputación

Publicado por o día 29/01/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

As entidades deportivas poden optar xa ás axudas para competicións federadas da Deputación

A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, que dirixe o socialista Benito Márquez, informa da publicación das bases de subvencións da Deputación de Pontevedra para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior ao nacional para o ano 2018.

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

A través destas bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados e de rexional preferente na temporada 2017-2018 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, na temporada 2018.

A concesión das subvencións para o ano 2018 terá un importe total de seiscentos mil (600.000,00) euros, dos cales cincocentos mil (500.000,00) euros serán para o deporte base e cen mil (100.000,00) euros para rexional preferente.

www.depo.gal e no taboleiro de anuncios.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 23 de febreiro de 2018 .

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/01/BASES-DE-SUBVENCIÓNS-PARA-CLUBS-DEPORTIVOS-S.pdf