Ao fío das 19:30 horas deste sábado, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia que acababa de atopar a unha persoa tendida no chan, nunha finca abandonada situada na Rúa Ribadavia, en Vigo.
Con estes datos, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decontado solicitaron a colaboración das Forzas da Orde, posto que, a persoa podía estar falecida.
Do mesmo xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Nacional e Local.
Tras confirmar que a persoa estaba falecida, os axentes tratan de esclarecer os feitos.
Accidente mortal en Moaña
Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia doutro suceso mortal no Porto Deportivo de Moaña. Segundo a informaron recibida polos axentes da Garda Civil, un barco que atracaba no Peirao ao manobrar estrullou á persoa contra o espigón.
O 112 Galicia preto das 21:30 horas, recibía a chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria para unha persoa que sufrira un accidente nun barco, polo que, decontado desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Pasadas ao redor de dúas horas, o 112 Galicia puido saber que a persoa falecera durante o traslado ao centro hospitalario.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.