Autocares Rías Baixas, novo socio de Vigo Convention Bureau

Publicado por o día 20/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

Autocares Rías Baixas, novo socio de Vigo Convention Bureau

Hoxe estan moi contentos de dar a benvida a un novo socio de Vigo Convention Bureau, Autocares Rías Baixas.

Trátase dunha empresa familiar galega con máis de 90 anos de experiencia no transporte, comprometida coa nosa terra e a nosa xente. O seu obxectivo é ofrecer aos clientes un servizo de calidade que garanta viaxes seguras e confortables.

Un dos alicerces básicos de Autocares Rías Baixas é o seu cualificado equipo de profesionais, formado por máis de 130 persoas entre administración, persoal de taller e condutores.

Os seus autocares contan cos últimos avances tecnolóxicos en canto a sistemas de seguridade e confort.

En concreto para eventos como congresos, Autocares Rías Baixas xestiona o transporte necesario garantindo a máxima puntualidade e calidade do servizo.

Ofrecen a posibilidade de alugar un autobús da capacidade que cada evento necesite, tanto microbuses como grandes autocares, para cubrir as necesidades comerciais, profesionais ou de lecer.

Ademais, preparan excursións a medida para que así os participantes en feiras e congresos coñezan a zona.

Dispoñen dunhas modernas instalacións de máis de 8.000 metros cadrados, con sedes en Pontevedra e Santiago. Ademais, manteñen a súa historia cun pequeno museo en Silleda, onde restauran e gardan os seus vehículos máis emblemáticos.

Unha opción ideal para que o teu evento sexa todo un éxito. Se queres máis información sobre os seus servizos podes consultala aquí.