Autos González realizará o transporte do festival Millo Verde de Redondela os días 7 e 8 de xuño

Por o 05/06/2019 | Sección: Galicia,Redondela,Vigo
Autos González realizará o transporte do festival  Millo Verde de Redondela os días 7 e 8 de xuño
A compañía de transporte de viaxeiros por estrada Autos González poñerá un servizo de autobuses lanzadeira ao dispor do XIII festival alternativo Millo Verde, que se celebra na praia de Cesantes (Redondela) ata o 8 de xuño. En concreto, ofrecerá o denominado “ MilloBus” este venres e sábado, cando se espera maior afluencia de público.
 
Tanto o día 7 como o día 8 as viaxes ata o recinto do evento levarán a cabo desde as 18.30 horas ata as 5.30 horas da madrugada con carácter ininterrompido. O autobús pasará cada hora polas paradas, situadas nos aparcamentos da Feira do Gando, situada na Avenida Mendiño, e no Torreiro de San Pedro, na Rúa San Pedro, 151.
 
As saídas serán en punto desde Redondela e a e media desde a praia de Cesantes. Os usuarios poden consultar o percorrido completo, aquí.

Comentar noticia

Your email address will not be published.