O próximo sábado 2 de febreiro, o Concello de Barro xunto coa Asociación Stop Velutina Umia, organizan a I Xornada Stop Velutina, que vai ter lugar no Salón da Casa Consistorial.
A xornada contará con varias ponencias nas que distintas personalidades e profesionais darán a súa visión e relatarán as súas experiencias na problemática da loita contra a velutina.
O tenente de alcalde de Barro e coordinador do Grupo Stop Velutina en Barro, José Sanmartín, “fai fincapé na importancia desta xornada, debido a que neste Concello se ten realizado un gran labor grazas a voluntarios, que dedicaron o seu tempo libre a dar información e retirar niños de velutina. Por iso convidamos a todos e todas a participar nesta xornada tan interesante”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.