A Orquesta Clásica de Vigo cumple 35 anos este sábado 8 de xuño, unha data importante no medio do calendario de celebracións previsto nesta tempada. A Orquesta Clásica de Vigo é a entidade máis antiga adicada á música sinfónica en Galicia que, ademáis, conta cunha programación estable confeccionada sempre baixo un punto de vista sempre actual.
Por outra banda, Ataquilla porá á venda a partir de mañá martes as entradas para o próximo concerto da tempada, que será o sábado 12 de outubro no Teatro Afundación de Vigo.
Ás entradas estarán á venda dende 5€ en Ataquilla.com
O Solista deste concerto será Jorge Abreu Seoane, pianista vigués que ven de rematar a súa formación de Master no Conservatoro de Maastricht xunto á Dra. Katia Veekmans. Jorge Abreu Seoane foi solista coa Orquesta Clásica de Vigo no concerto de nadal de 2016, interpretando o Concerto para piano de Shostakovich.
O programa levará o título de “Criaturas” e constará das seguintes obras:
- Abertura das Criaturas de Prometeo op. 43, de Ludwig van Beethoven
- Concerto para piano n.º 1 en en sol menor op. 25, de Felix Mendelssohn
- Sinfonía n.º 4 en si bemol maior, op. 60, de Ludwig van Beethoven
Se queredes realizarlle unha entrevista aos solistas ou ao director, Manuel Martínez Álvarez-Nava, ou ao solista Jorge Abreu Seoane podedes poñervos en contacto connosco a través deste mesmo correo.
O próximo concerto da Orquesta Clásica de Vigo será o 9 de xuño ás 21:00 no Auditorio Multiusos da Xunqueira, en Redondela, onde subiremos con Tangata ao escenario para realizar unha proposta de tangos sinfónicos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.