A Confederación Sindical de CCOO, activista histórica da loita polos dereitos das persoas LGTBI+, abrazará, coma sempre, as reivindicacións deste ano, estando presente nas diferentes manifestacións que percorrerán distintas cidades e vilas do noso país.
— Garantir a igualdade de oportunidades real, especialmente no mundo do traballo.
— Traballar na erradicación de situacións de rexeitamento, discriminación, violencia e acoso por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero. En definitiva, acabar coa LGTBi-fobia, con maior insistencia no mundo laboral.
— Velar pola igualdade de condicións laborais de todas as persoas traballadoras.
—Loitar polo recoñecemento de dereitos desde a inclusión da diversidade sexual, familiar e de xénero.
(Consulta aquí o manifesto completo)
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.