A partir deste sábado máis de 50 mulleres e homes de Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Ponte Caldelas comezarán tres cursos programados ao abeiro do programa “Conectadas 2018“, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade. A estas accións formativas poden sumarse tanto homes coma mulleres e o obxectivo é promover e traballar na igualdade.
Cerdedo-Cotobade acollerá un obradoiro sobre Pilates ao que asistirán 15 persoas da Asociación de Veciños e Amigos de Caroi. Impartirase na Casa Escola de Nenos de Caroi todos os sábados en horario de 17:00 a 19.00 horas.
Na Estrada comezará unha acción formativa sobre Alfabetización dixital: do papel ao ordenador, no que participarán 17 persoas da Asociación de Veciños a Firgha da Somoza. Terá lugar os sábados de 16:00 a 18:00 horas en Vila de Abaixo Nº: 3.
Por último, a acción formativa de Ponte Caldelas será un obradoiro de xardinería que impartirase os sábados, de 17:00 a 20:00 horas en Tourón Nº: 49. A este curso asistirán 19 persoas da Asociación Cultural Laxe das Cruces de Tourón.
“Conectadas 2018” é un programa da Deputación de Pontevedra destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e empoderamento, así como a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes. Neste ano, conta cun orzamento de 324.000 euros e desenvólvese a través de 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e cultura: Artes Visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma” e “Coidados persoais”. En 2017 beneficiáronse desta iniciativa un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo que preto de 5.500 persoas participaran nas distintas actividades programadas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.