O Concello de Mos organiza unha charla dirixida aos pais e nais de cativos menores de seis anos sobre a relación dos seus fillos/as coas novas tecnoloxías. A charla impártea Alba Alonso Feijoó, da empresa Realkiddys e profesora no CEIP Mestre Martínez Alonso.
Terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de marzo, ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas. A asistencia á mesma é de balde pero require de inscrición previa no teléfono 986 33 94 04 ou a través de correo electrónico en omix@concellomos.es
O título da actividade é “A tecnoloxía na vida dos nosos fillos” baixo o lema “por unha educación dixital saudable”.
Na charla, Alba Alonso tratará de expoñerlles aos presentes o que pode supoñer o mal uso das novas tecnoloxías e que este tipo de dispositivos a unha idade tan temperá, menores de 6 anos, non é nada recomendable. Alba Alonso Feijoó é Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e Master en “Estudos Ingleses Avanzados”. Considérase unha namorada da educación e aválalle unha experiencia de máis de 20 anos; primeiro como docente en secundaria e bacharelato, tanto na escola privada como a concertada, para pasar a continuación a exercer como mestra nos niveis de infantil e primaria na escola pública. Na actualidade, as súas enerxías céntranse no proxecto Realkiddys, por unha infancia libre, auténtica e única, onde os estereotipos de xénero non teñen lugar.
É filóloga, mestra en infantil, primaria e lingua inglesa, máster en estudos ingleses avanzados e doutora en filoloxía inglesa coa súa tese ” Masculinities in English Children’ s Literature from a Gender Perspective”. Tamén publicou unha serie de contos de colorear baixo o selo “Co- loreando/ Co-educando” que rompen cos estereotipos de xénero desde diversos campos como as profesións, o entroido, os xoguetes… Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogues educativos, revistas dixitais…) e escribe o blogue Realkiddys.
Fundou RealKiddys e foi gañadora do certame de charlas motivacionales Transmitoluegoexisto na universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é que ningún pai ou nai eduque sen expectativas e sen etiquetas.
RealKiddys é unha plataforma que pretende ser o punto de encontro dun movemento social que busca superar o sexismo na educación e a diferenciación social entre nenos e nenas. Na actualidade, as súas enerxías céntranse no proxecto Realkiddys por unha infancia libre, auténtica e única, onde os estereotipos de xénero non teñen lugar. Nai de dous nenos, non só soña cun cambio no sistema educativo, senón que traballa por facelo posible. Isto levoulle a participar tamén en eventos relacionados co desenvolvemento da creatividade e o emprendemento na infancia. En setembro de 2015 foi relator en TEDxGalicia, onde compartiu a súa filosofía Realkiddys, na cal cada nena e cada neno é único, diferente e especial.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.