Chega a IV Andaina de Guláns con percorridos para todos os públicos

Publicado por o día 09/03/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Chega a IV Andaina de Guláns con percorridos para todos os públicos

A Asociación Artístico Cultural de Guláns en colaboración coa C.M. Xistra e coa Federación Galega de Montañismo e co apoio do Concello de Ponteareas e Protección Civil Ponteareas organiza a IV Andaina de Guláns o vindeiro domingo día 18.

A organización dispón dous percorridos, un de vintecinco quilómetros de distancia e o outro de doce quilómetros, ámbolos dous por sendeiros, pistas forestais, cortalumes e sendeiros de cultivo.

O punto de encontro é o centro socio cultural de Guláns ás 09:00 horas para os que fagan o percorrido longo e ás dez horas para os que opten polo curto de doce quilómetros.

Ao remate da andaina haberá un xanta popular a base de callos e delicatessens propias da comarca.

O percorrido longo de vintecinco quilómetros é unha proba de regularidade que puntuará no Open 25km cun percorrido circular con inicio e fin no centro cultural.

O percorrido curto é asequible para tódolos públicos.

A IV Andaina de Guláns é unha actividade apta para que toda a familia desfurte dun día en contacto coa natureza e a historia da parroquia na compaña das xentes do lugar.

Máis información en http://www.gulans.com/andaina18/

Para as inscricións https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1386/andagulans25km—gulans-v-open-de-andainas-populares-copa-de-andainas-de-regularidade