Chega á terceira edición das Xornadas do Mar

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Chega á terceira edición das Xornadas do Mar

Chega á súa terceira edición o evento organizado pola Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo, coa colaboración do Instituto Camões.

O programa comezará este venres 7 de setembro, ás 20:00 horas, coa inauguración da exposición do fotógrafo Anxo Cabada titulada “Retratos do Mar”. Para a mesma xornada está programado o relatorio A Ría dende a Reconquista ata hoxe, a cargo de Gonzalo Méndez Martínez, doutor en Xeografía e Historia pola USC e profesor titular da Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

A música nesta xornada inaugural será a cargo de Xurxo Souto, que estará presente coa súa actividade “Un océano para terrícolas”, coa que vén dando a coñecer a ampla riqueza léxica da lingua galega en relación co mar, a pesca e a navegación.

O resto do programa:

Venres 14 de setembro – 20:00 horas 
Usos Sustentables da Ría de Vigo – Serxio Regueira Gómez (Asociación Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo Ciés)
Música: Gaiteiros do Casco Vello

Venres 21 de setembro – 20:00 horas
Desde os peiraos. Lembranzas do Berbés – Pilar Alonso Sánchez (Autora do libro do mesmo nome)
Música: Orfeón Mariñeiro do Berbés

Venres 28 de setembro – 20:00 horas 
Os cefalópodos da Ría de Vigo . Manuel E.García Blanco (Instituto de Investigacións Mariñas CSIC)
Música: Grupo Clásico Catro: Historias do Mar