Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9.
A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se chega porque “o Concello aposta por apoiar a poesía e as artes”, recoñece Sobral.
Temos a oportunidade de escoitar a algunhas das mellores voces da poesía contemporánea, tanto galega como de fóra de Galiza, “unha fantástica escolma” subliñou a concelleira; “unha escolla de xente moi comprometida”, engadiu Antón Sobral.
“Estamos moi contentas (con PontePoética) e seguiremos dándolle de comer a alma a través da poesía” indicou Carme Fouces.
Un ano máis o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de abril, conxugará os recitais poéticos, con obradoiros e encontros nos institutos. Ademais nesta ocasión haberá un limiar: a proxección da longametraxe Vértice e Versos de Carlos Lorenzo, na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia.
Os obradoiros de Poesía e Narrativa de escrita creativa, estarán impartidos por Manuel Vilas e Valter Hugo Mâe. As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico cfuentesmoledo@yahoo.es ou do teléfono 669428188, ata o xoves 11 de abril, indicando o/os obradoiro/os da súa preferencia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.