Chega unha nova edición de Ben veñas, Maio. O certame que organiza a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración coa Coordinadora de equipos de Normalización Lingüística dos institutos públicos de Pontevedra ten como obxectivo promover o uso da lingua a través das artes.
O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, acompañado pola coordinador do ENL do IES A Xunqueira II, Jorge Potel, presentou a nova edición lembrando que cumpre 25 anos. “Van 25 anos desde que se convocou por primeira vez Ben Veñas, Maio como certame de narración curta e banda deseñada” sinalou o concelleiro. Nos anos seguintes foron sumándose novas disciplinas: teatro, música, fotografía e poesía e o pasado ano curtametraxe.
Os certames van dirixidos ao alumnado os institutos públicos de Pontevedra, que teñen até o 20 abril para presentar as súas propostas. Por outra banda, a entrega de premios será nun acto público que se vai a celebrar no Pazo da Cultura o 12 de maio.
Jorge Potel sinalou que con este tipo de iniciativas proba aos mozos e mozas que “se pode vivir en galego ao 100%”. “Nós ofertamos a mocidade ferramentas para aprendan a manexarse en galego” engadiu o concelleiro Alberto Oubiña.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.