Chegan os IV Xogos Florais de Ponteareas

Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Chegan os IV Xogos Florais de Ponteareas

A Concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, organiza a IV edición dos xogos florais que establecerá tres categorías: infantil: de 9 a 13 anos; xuvenil: de 14 a 18 anos e adultos maiores de 18 anos.

Nas bases que se poden consultar na páxina web do concello na pestaña “bases cutura” ou premendo na seguinte ligazónhttps://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/ , establécese que os textos deberán serorixinais e inéditos, escritos en lingua galega e de tema libre.

A extensión mínima será de 14 versos e a máxima de 40 e só se admitirá un poema por participante.

Hortensia Bautista informa que os traballos deben entregarse na Biblioteca Municipal de Ponteareas (rúa Perillana, 11) de luns a venres en horario de 8.00 a 21.00 horas. O prazo remata o 26 de abril de 2019.