Os e as educadoras sociais de Galicia queren que se regularice xa a súa profesión. Algo que xa conseguiron levar ó Parlamento de Galicia e no que toda a oposición votou a favor, unha iniciativa que morreu polo voto contrario do Partido Popular.
Hoxe en día, a figura da Educador/a Social en Galicia e no estado español é froito da combinación de tres históricas ocupacións: as educadoras especializadas, as animadoras socioculturais e as educadoras de persoas adultas. Dita figura profesional foi ampliando a súa cobertura de acción, asumindo unha amplitude de funcións que evolucionaron e matizáronse nas últimas décadas co fin de construír unha identidade profesional da Educación social.
Jácome comparte co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza o obxectivo da iniciativa, pois “o papel dos e das educadoras é fundamental no ámbito dos servizos sociais nun Estado Social e Democrático de Dereito”, xa que “a súa intervención garante dereitos tan básicos para a cidadanía como son a igualdade e a xustiza social”.
Dende a Coalición Son entendemos que a figura da persoa profesional da educación social atópase invisibilizada e inclusive infravalorada; cando son un dos pés fundamentais no proceso de socialización a prol dunha sociedade máis equitativa.
Coa moción, búscase o apoio unánime a dita iniciativa, elaborada polo persoal do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; onde solicitan nos acordos instar á Xunta á regularización da profesión da educación social en Galicia a través dunha Lei Galega de Profesionalización da Educación social. Así mesmo, tamén instan ó Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a desenvolver unha Lei de Regularización da profesión de Educación Social a nivel estatal.
Pódese ler a moción aquí: https://i.gal/FYjUl
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.