A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe coa presidenta e vicepresidenta da Asociación de Comerciantes da contorna do xeral, Rosa Vello e María Pérez, que lle trasladaron a súa inquietude polo estado de abandono e de inseguridade da zona.
Durante a reunión, na que a representante autonómica lles informou sobre o estado das obras da futura Cidade da Xustiza e que se mantén a previsión de que estea rematada neste primeiro trimestre do ano, tanto Vello como Pérez manifestaron a súa preocupación pola ausencia de intervención municipal nesta contorna da cidade.
Segundo remarcaron, desde que se executou o traslado do antigo Hospital Xeral e se anunciou a construción da nova infraestrutura xudicial o Concello abandonou por completo a zona, pese ás insistentes reclamacións de comerciantes e veciños.
Neste sentido, Fernández-Tapias reclamou ao Concello unha intervención municipal acorde á “gran infraestrutura xudicial” que se está construír e na que o investimento do Executivo autonómico supera os 40 millóns de euros.
En conxunto, recordou que o novo edificio xudicial, de 44.000 metros cadrados, acollerá 37 unidades xudiciais -con espazo para outras 20, en caso de futuras ampliacións-; e a medio milleiro de profesionais da administración xudicial que contarán ademais cunha gardería con 40 prazas.
Segundo dixo, se mantén o obxectivo de que os traballos conclúan no primeiro trimestre de 2021 e que ao longo deste ano se leve a cabo, tamén, o traslado de todas as infraestruturas xudiciais a esta nova sede.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.