Está a piques de rematar o prazo para que os mozos e mozas menores de 30 anos anotados/as no programa Garantía Xuvenil poidan inscribirse no curso AFD de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos, que comezará a principios de abril na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho do Concello de Cangas. Por iso, as persoas interesadas deben dirixirse canto antes á Oficina de Emprego de Cangas.
Para poder acceder ao mesmo non existe ningún requisito de titulación. Trátase dun curso totalmente gratuíto, con certificado de profesionalidade de nivel 1, de 458 horas e con prácticas de empresa. Asemade, valorarase a posibilidade de axudas de asistencia.
Os contidos que se abordarán nel son os seguintes:
- Gravación de datos. 90 horas.
- Tratamento de datos, textos e documentación. 150 horas.
- Reprodución e arquivo. 120 horas.
- Módulo de prácticas profesionais non laborales. 80 horas.
Para obter unha información máis detallada: Casa de Oficios do Concello de Cangas, teléfono 986304650 (horario de mañá e tarde) ou no correo [email protected].
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.